Novas

En Marea insta ao ministro de Enerxía a apoiar á industria como sector estratéxico pero non a costa do consumidor doméstico

photo5834813754695592936

 

 

A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, denuncia que o sistema de subastas da electricidade “é polémico, carísimo e opaco”

Madrid, 29 de novembro de 2017. A deputada de En Marea e portavoz do Grupo Confederal na Comisión de Enerxía, Yolandad Díaz, interpelou esta tarde ao Ministro Álvaro Nadal, esixindo unha postura clara no relativo ás axudas e ao apoio que o seu departamento ten previsto para a industria, sobre todo para a electrointensiva, trala modificación aprobada polo Goberno do servizo de xestión da demanda de interrumpibilidade.
Neste senso, Yolanda Díaz destacou que estas modificacións veñen de causar certa alarma na industria, ademáis de ser un cambio polémico, “xa que foi vostede criticado polo órgano regulador (la CNMC) nun informe duro e contuntende como poucos dos coñecidos nos últimos tempos, e critica sobre todo os criterios técnicos do mesmo.

A voceira de En Marea puxo de manifesto que “o noso grupo parlamentario vén sendo profundamente activo coa presentación de diversas iniciativas tratando esta temática, porque falamos da industria, dun sector fundamental para a nosa economía, aínda que é difícil nesta cámara desde que separaron industria de enerxía, pero falamos tamén de centos e centos de traballadores do noso país”. Así, Yolanda Díaz sinalou que “ss nosas iniciativas en defensa doutro sistema alternativo para a industria, votado por unanimidade nesta comisión amosan o escaso talante democrático do grupo parlamentario que a vostede, señor Ministro, o sostén. Vostedes non fixeron nada ao respeto e o único que fan agora con esta modificación é poñer máis en xaque o propio sistema modificando a subasta para tan só 5 meses.
A portavoz de Enerxía do Grupo Confederal lembrou que a Comisión Europa vén avisando de que hai que cambiar o sistema desde o ano 2016, pero estamos case no 2018 e o Goberno aínda non fixo nada, e sinalou que “claro que o sistema de interrumpibilidade existe nos países da nosa contorna pero non de xeito estructural, senón de maneira complementaria, e non como aquí onde vostede só lle ofrece unha posibildade á industria”.
Yolanda Díaz denuncia que “estamos ante un sistema de subastas que é polémico, carísimo e opaco, e que pagan os consumidores eléctricos, e o que no pode ser é que o Goberno axude á industria, como vén facendo ata o de agora, a través dos consumidores eléctricos, sobre todo os domésticos. Ademáis, e como di a CNMC, o sistema ten un custe esaxerado, un nivel de potencia innecesario non xustificado e ademáis é un sistema de adxudicación complexo e gravoso.

Finalmente, Yolanda Díaz instou ao Ministro de Enerxía para que explique qué vai facer neste eido, e esixiulle que llo faga chegar aos sectores afectados, porque a Comisión Europea xa nos indicou a necesidade dun cambio radical do sistema. Ademais, temos un problema, se nos comparamos con Alemania, aquí nos custa 7 veces máis a electricidade, e dúas veces máis que en Italia. A voceira de En Marea esixiu algo de certeza ao Ministro, cambiando o sistema, “a non ser que a súa vocación sexa a de cargarse a escasa industria que temos no noso país, e laminar a centos e centos de miles de traballadores das nosas industrias.