Novas

En Marea: “O luns debe arrancar a rectificación do Goberno en materia orzamentaria”

photo5929385318191050825

Audio: https://bit.ly/2CDPesE

“Facemos un chamamento aos deputados galegos do PP e do PSdG que voten a favor da comparecencia da ministra para debater e mudar o orzamento asignado para Galicia”.

Madrid, 24 de xaneiro de 2019. A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, asegurou este xoves en rolda de prensa que o vindeiro luns, na comparecencia da minista, ” ten que arrancar o camiño da rectificación orzamentaria do Goberno no que ten que ver con Galicia”.

“Vaise debater na Deputación Permanente a petición de comparecencia por parte de En Marea da ministra de Facenda para que explique o agravio orzamentario e recurte inxustificable nos Orzamentos para Galicia. O alcance do recorte chega ao 20%, pero é máis certo que na comparativa co orzamento expansivo en relación a outras autonomías alcanza case o 40%”, denunciou a deputada.

Díaz explicou que “a oportunidade comeza o luns” para que Galicia teña un investimento preciso, superando a fase pasada “do mal facer” con infraestruturas millonarias centradas no AVE.

“Facemos un chamamento claro aos deputados e deputadas galegas do PP, comezando por Ana Pastor e varios deputados do PSdG para que voten a favor da comparecencia da ministra. Queremos debater coa ministra a folla de ruta para Galicia e agardamos a rectificación do Goberno”, afirmou Díaz.

A voceira insistiu que temos “un enorme reto” porque se o Goberno quere sacar adiante estes orzamentos “ten que modificar a súa folla de ruta respecto a Galicia, ou non votaremos a favor”. “Temos os orzamentos máis sociais na historia da democracia grazas ao que conseguimos arrincar, mais teñen que ser uns orzamentos tamén galegos”, engadiu.

O deputado Miguel Anxo Fernán Vello explicou que “o único deseño real para Galicia que contemplan os orzamentos é o tren AVE e a conexión coa meseta, pero un total abandono do tren convencional necesario para o noso país e da conectividade e vertebración do sistema ferroviario en Galicia”.

“Non hai deseño do tren de cercanías. A Coruña e Vigo son as únicas cidades portuarias do Estado que non teñen cercanías. Temos unha posición firme neste sentido. Hai tamén un abandono das conexións ferroviarias cos principais portos e no caso de Lugo, a provincia máis castigada no tema ferroviario”, insistiu o deputado, lembrando que “é unha trampa decir que aumentan os orzamentos en Lugo en materia ferroviaria cando só hai unha partida para a electrificación Lugo-Monforte, mentras a antiga FEVE recibe 0 euros”.

O deputado Antón Gómez-Reino tamén insistiu en que, a partir do luns, o Goberno pode facer “un xiro de 180 grados sobre os orzamentos”porque “a ninguén se lles escapa que para que a aritmética parlamentaria funcione, é imprescindible para cumprir con Galicia”.

“Entran así pero non sairán así. Teñen que cumprir con Galicia. Ao delegado de Goberno e deputados galegos decímoslles que fixemos a Sánchez presidente sen esusas e agora deben cumprir con Galicia sen escusas”, engadiu Gómez-Reino.