Novas

En Marea organiza unha xornada de traballo coa industria siderúrxica para estudar o futuro destas empresas”

photo6051056759524666816

 

Audio: https://bit.ly/2GwibGK

A Coruña. 18 de maio de 2018. A deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, participou nunha xornada de traballo, organizada xunto con CCOO,  con empresas siderúrxicas para analizar a situación da Industria ante as políticas enerxéticas do Goberno.

Alcoa A Coruña, Alcoa San Cibrao, SGL Carbón, Celsa Atlántica, Ferroatlántica, xunto con representantes de CC.OO. Industria, formaron parte desta xornada para plantexar unha estratexia relativa á política industrial.

Ante a falta de deseño dunha estratexia industrial por parte da Xunta de Galicia e o Goberno de Mariano Rajoy, a deputada denuncia que “o ministro Nadal amosa inacción absoluta en políticas públicas industriais. Non facer nada é un xeito de favorecer os beneficios das grandes multinacionais eléctricas”.

A raíz do debate das emendas parcias aos Orzamentos Xerais do Estado relativas ao sector enerxético, que tivo lugar esta semana no Congreso, Díaz destaca que “nos Orzamentos volvemos a atopar unha política errónea que non serve para atender as demandas da Industra en xeral, e da interrumpibilidade en particular”.

Ademais, “tampOuco serve como estratexia de país para camiñar cara un modelo que aposte pola transición enerxética como se fai actualmente nos países europeos.”

No relativo á nova subasta eléctrica do servizo de interrumpibilidade da electricidade, Díaz amosa preocupación debido a que “o sistema de interrumpibilidade actual non serve para atender as necesidades da Industria. Empeora as condicións da propia subasta e pon en risco ás empresas do sector”. Así mesmo, denunciou que a Xunta, a pesar de ter competencias en materia industrial, non está a facer nada para defender o tecido industrial galego: “Temos industrias que non queremos perder por culpa do Partido Popular. Facemos un chamamento á actuación co ministro Nadal para que se tomen en serio o plantexamento en materia de interrumpibilidade”.

Pola súa banda, o Secretario Xeral da Federación de Industria CCOO Galicia, Víctor Ledo, destacou “o importante lastre acutal en material industrial”. “A competitividade está enmarcada polo precio da enerxía, isto é un lastre e un sin sentido”

Levar a cabo unha reforma en profundidade do modelo industrial, aspostar por que a interrumpibilidade sexa complementaria e non estrutural, potenciar as subastas virtuais e a transparencia, son uns dos principais retos na actualidade, como sinalou a deputada de En Marea.