Novas

En Marea pediu a Ábalos que atendese as asignaturas pendentes de Lugo

photo6006006658578361281

O deputado Miguel Anxo Fernán Vello trasladou ao novo Ministro de Fomento, nada mais asumir o cargo, a necesidade de levar a cabo actuacións de mantemento e mellor da Ponte Nova, na Rotonda da Avda Alfonso X, na Pasarela do Anxo Carro e da Praza Conde de Fontao onde se sitúa a estación ferroviaria.

Pregunta mantemento Ponte Nova Lugo

https://bit.ly/2Nn9nKP

Pregunta Pasarela Anxo Carro N-Vi
https://bit.ly/2oNEAsI

Pregunta Rotonda Alfonso X
https://bit.ly/2MXBnoS

Pregunta Praza Conde de Fontao
https://bit.ly/2QcOWiw

Madrid, 7 de setembro 2018. O deputado de En Marea no Congreso por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, dirixiu varias preguntas ao Ministro de Fomento, José Antonio Ábalos, para trasladarlle a urxencia de atender unha serie de asignaturas pendentes na cidade luguesa por parte do seu departamento, e que foron obxecto de total indiferencia por parte do anterior Goberno.

Materias pendentes: Ponte Nova, pasarela peoníl en Anxo Carro, rotonda na Avda Alfonso X, rehabilitación a Praza de Conde de Fontao

Así, na súa iniciativa presentada o pasado 15 de xuño, chamaba a atención do Ministro sobre o estado de abandono no que se atopa a moderna Ponte Nova ou Ponte Branca que se inaugurou en 2011 con numerosos representates institucionais e que recibiu un costosísimo investimento. Mais, non se investiu nin un euro no seu mantemento a fin de evitar unha degradación  rápida dunha infraestrutura necesaria en Lugo. “O anterior Ministro de Fomento negouse a levar a cabo actuacións nesta ponte pasándolle a pelota ao concello, a pesar de que foi unha actuación de Fomento e de que se trata dunha infraestrutura de enormes dimensións que non pode ser asumido en solitario polas arcas do concello”.

“Qué disposición ten Fomento a realizar obras de mellora da Ponte Nova? Vaino facer canto antes?”.

Outras demanda que Fernán Vello trasladou ao Ministro de Fomento é a de proceder dunha vez a satisfacer unha demanda unánime de Lugo: a construción dunha pasarela peoníl sobre a N-VI á altura do estadio Anxo Carro. “Petición negada mil veces polo anterior Ministerio a pesar da súa necesidade, de ser unha solicitude fundada e de ser un tema de inseguridade vial posto que nas fins de semana de competicións deportivas, rexístranse centos de persoas camiñando pola N-VI sen as debidas garantías. Vai construir esta pasarela que é unha infraestrutura sinxela pero que sería de grande axuda?”.

O deputado de En Marea tamén puxo sobre a mesa de tarefas pendentes de Ábalos en Lugo, a cuestión de axilizar o proxecto de rotonda na confluencia da N-VI coa Avenida Alfonso X. “A cidade luguesa leva  tempo reivindicando a que se solucionen cuestións que afectan á vida diaria dos seus habitantes como a agardada rotonda na confluencia da N-VI coa Avenida Alfonso X. De momento, só asistiron a un cruce de pasar as responsabilidades dunha Administración a outra mentras a obra continúa sen facerse. E lembro que é un proxecto para reducir os riscos nese cruce”. ¿En que situación se atopa este proxecto? Solventouse o tema relativo á disposición dos terreos?”.

Por último, o deputado de En Marea empraza a Fomento a rehabilitar a Praza de  Conde de Fontao, lugar onde se ubica a estación de tren. “A praza presenta un aspeito de grande decadencia e abandono, e sería idóneo que o Ministerio colaborase na súa rehabilitación por compartir o estazo coa estación ferroviaria, conviven infraestruturas ferroviarias coa habitabilidade das persoas”. “Que disposición ten Fomento a entablar un diálogo co concello de Lugo para cooperar na reforma e mellora desta praza? Procedería a asinar un Convenio para humanizar un espazo partillado?”.