Novas

En Marea pide ao novo Goberno que inicie os trámites para derogar a prórroga irregular que o PP concedeu a ENCE

55866eed835c3-ch9zefyweaqipta

“Que ELNOSA hoxe marche da cidade é unha vitoria da cidadanía e marca un tempo político novo que o PSOE debe escoitar”, sinala a deputada Ángela Rodríguez.

A senadora Vanessa Angustia solicitou manter reunións coas titulares do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e do Ministerio para a Transición Ecolóxica para abordar este asunto.

Pontevedra, 31 de xullo de 2018. As deputadas e senadora de En Marea, Ángela Rodríguez, Marcos Cal e Vanessa Angustia, rexistaron varias preguntas e peticións de xuntanzas para abordar co novo Goberno o inicio dos trámites para derogar a prórroga irregular que o PP concedeu a ENCE e para retirar de xeito definitivo ELNOSA da cidade.

“Seguiremos traballando desde o Congreso para conseguir que se derogue esta prórroga e para que a cidade de Pontevedra quede limpa”, asegurou a deputada de En Marea, Ángela Rodríguez.

O deputado no Parlamento, Marcos Cal, sinala que a mensaxe de En Marea “é clara”.

“Estamos agardando escoitar ó PSOE-PSdG anunciar que iniciou os trámites para derogar a prórroga irregular que o Goberno do PP en funcións concedeu por 60 anos máis a ENCE e se decrete a caducidade final da concesión de Elnosa”, asegurou Cal.

Pola súa banda, a senadora Vanessa Angustia solicitou manter xuntanzas coas titulares do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e do Ministerio para a Transición Ecolóxica para abordar este asunto, con todo, a ministra Reis Maroto asegurou non contar con disponibilidad para este encontro ata o próximo mes de setembro.

“A ministra de Industria, Comercio e Turismo parece desentenderse da grave problemática económica, laboral e medioambiental que reviste a situación das empresas ENCE e ELNOSA en Pontevedra. É necesario dar unha resposta urxente desde o Goberno, non podemos esperar ao próximo mes de setembro”, insistiu Angustia.

A senadora sinala que esta reunión se solicitou “para compartir e trasladar propostas a respecto do futuro laboral e medio ambiental de Ría de Pontevedra, que se converte en urxente co paro industrial inmediato de ELNOSA. A perda de emprego e a corrupción empresarial en nosa ría deben cesar xa”.

Download (PDF, 134KB)