Novas

En Marea pide no Congreso que se declare zona afectada gravemente a parroquia de Castrelo (Cambados) pola cicloxénese explosiva

photo5879856073161157884

Madrid, 4 de maio de 2017. A deputada de En Marea, Ángela Rodríguez, rexistrou este venres unha iniciativa sobre a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil da parroquia de Castrelo, no Concello de Cambados (Pontevedra), afectada pola cicloxénese explosiva producida o día 23 de marzo de 2018, para o seu debate na Comisión de Interior.

A Proposición non de Lei rexistrada quere que o Congreso dos Deputados inste ao Goberno a que, con carácter urxente, “declare zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil a parroquia de Castrelo no Concello de Cambados, afectada pola cicloxéneses explosiva “Hugo” do día 23 de marzo de 2018″

Ademais, a deputada recolle nesta iniciativa que se “adopte a totalidade das medidas que procedan das establecidas no artigo 24 da Lei 17/2015, do 9 de xullo, do Sistema Nacional de Protección Civil” e que ademais “se concedan subvencións, como as contempladas no Real Decreto 307/2005, de 18 de marzo e demais disposicións de aplicación que se soliciten”.

Entre outras, Rodríguez sinala ” axudas directas que compensen os danos nos cultivos afectados, exención das cotas á Seguridade Social do Réxime Especial Agrario ou a Reducción dos índices de rendemento neto no método de estimación obxectiva do IRPF e Réxime Simplificado do IVA”.

Download (PDF, 102KB)