Novas

En Marea presenta unha iniciativa no Congreso para que Fomento efectúe unha actuación de rexeneración da Ponte Blanca de Lugo

photo5895298121267784588

O deputado de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, demanda a Ábalos que non se limite a retirar “pezas inestables” que se desprenderon recentemente e aproveite xa para revisar toda a ponte e mellorala

Madrid, 6 de novembro 2018. O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou na Cámara Baixa unha inicitiva parlamentare dirixida ao Ministerio de Fomento para que efectúe unha actuación de calado destinada a rexenerar e limpar a Ponte Blanca, que desde a súa inauguración en 2011 non contou con labores de mantemento e presenta un total estado de abandono.

Resposta do Ministerio a En Marea

Neste pasado mes de outubro, Fernán Vello recibiu unha resposta de Fomento na que insistía no argumento de que lle compete ao concello de Lugo a súa conservación, mais indicaba que “por responsabilidade e a efectos de garantir a seguridade menifesta o seu dispór a facerse cargo da conservación da ponte de xeito provisional”, recalcando que se trata dunha solución transitoria.

Precísase dunha actuación de mellora

De feito, tense coñecemento que o Ministerio presidido por Ábalos está a retirar “as pezas inestábeis” que se desprenderon da glorieta elevada da ponte da acceso á N-VI, e a peza de formigón que caeu desde a parte do viaducto sobre o paseo do Miño, circunstancia que provocou unha enorme preocupación entre os veciños e as veciñas de Lugo”.

O deputado de En Marea demanda ao Ministerio que “vaia máis alá da retirada de restos desprendidos, e que emprenda acións con carácter urxente para levar a cabo unha completa rexeneración e rehabilitación da ponte que permanee en estado de abondono a pesar de ter sido unha infraestrutura de moito custe”.

“Vai o Ministerio a realizar investimentos de mantemento e limpeza na Ponte Blanca? É posíbel que colabore e participe na súa mellora? Será posíbel que o faga antes de rematar o ano?”, son algunhas das cuestións que dirixe a Fomento.

Download (PDF, 85KB)