Novas

En Marea reclama ao Goberno que impulse ante a Xunta a aprobación do plan rector de uso das Illas Atlánticas e denuncia a masificación de Ons

isla-de-ons

Alexandra Fernández alerta ao Ministerio de Transición Ecolóxica sobre a estensión da masificación das Illas Cíes á Illa de Ons como se observou este verán e demanda unha maior proteción

Madrid, 5 de setembro 2018. A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, dirixiu ao Ministerio de Transición Ecolóxica a petición de que impulse ante a Xunta que se aprobe antes do vindeiro verán de 2019, o Plan Rector de Uso e Xestión do Parque Nacional de Illas Atlánticas.

Alexandra Fernández advirte ao Ministerio do traslado da masificación das Illas Cíes a outras illas do Parque como a de Ons. “Neste verán, vimos que a masificación das Cíes se estendeu á Illa de Ons. Co cal, a situación de sobreexplotación empiorou sen que se adoptasen as medias precisas para evitar o deterioro dun espazo de gran valor ambiental. De nada serviron as sancións ás navieiras nin as ameazas de máis multas. O ano pasado abríronse 14 expedientes e tan só un deles concluiu en sanción”.

Para o 2019 debe haber Plan Rector de Uso e Xestión

A deputada de En Marea pon a énfase na necesidade de aprobar canto antes o Plan Rector de Uso e Xestión porque “mentras continuemos así, as navieiras non porán límite á explotación do Parque aínda que supoña unha agresión ao seu ecosistema”. Por outra parte, non “só se agranda o problema medioambiental senón que tamén aumentan os problemas de seguridade, de esgotamento dos recursos disponíbeis e se visibiliza unha lamentábel xestión”.

Fernández que demandou en sucesivas ocacións o ano pasado ao Ministerio que demandase á Xunta o Plan  Rector, afirma que “a pesar das advertencias, as alarmas e o aumento da presión sobre este Parque Nacional, mírase para outro lado e déixase facer”.

Para a deputada de En Marea “hai xa un punto de inflexión co que está a suceder no Parque, son unánimes as voces de traballadores do Parque, técnicas, organizacións ecoloxistas e sociais, e desde a oposición política que reclamamos que se poña orde e organización á sobreexplotación das Illas Atlánticas. A solución é o Plan Rector e unha mellora da xestión”.

Download (PDF, 127KB)