Novas

Gómez-Reino participará como convidado no último acto de campaña de Mélenchon

33450595340_8041c2fc50_z

Madrid, 20 de abril de 2017. O portavoz de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, participará como convidado este venres no acto de fin de campaña de Jean-Luc Mélenchon en París, que dará paso ás eleccións á presidencia da República de Francia esta fin de semana.

“Parécenos importante estar en París, para sumar forzas contra o novo fascismo europeo e a xenofobia de Le Pen, contra as súas fronteiras, nós construímos pontes de fraternidade, neste caso, cos compañeiros e compañeiras da Francia isumisa”, asegura o deputado.

Durante todo o día, Gómez-Reino, xunto con outros portavoces a nivel estatal, participarán en diversos actos festivos nos barrios populares de París.

Os actos alongaranse até as 23,30 horas da noite, co peche da campaña electoral.