Novas

“Hoxe ábrese un tempo de diálogo. O Goberno debe de estar á altura”

photo5974382333341575882

Madrid, 10 de outubro de 2017. A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, asegurou este martes que o Goberno de Mariano Rajoy “debe estar á altura” porque se abre “un novo tempo de diálogo” após a intervención no Parlamento catalán do president Carles Puigdemont.

“Pedímoslle ao Goberno que actúe con sentido común para permitir o diálogo que hoxe se demandou en Catalunya. Calquer resposta de Rajoy que non sexa o diálogo, sería non estar á altura”, asegurou Díaz.

A deputada considera que “o Govern cambiou a páxina” e demandou “un tempo do diálogo e de palabra” onde non hai oco “para os pirómanos”.