Novas

Luz verde no Congreso á cesión gratuíta do inmoble de Aduanas ao Concello de Ferrol

photo5936206726984477464

 

Intervención: https://youtu.be/dHzLVbMbMOs

Madrid, 27 de setembro de 2017. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, defendeu este mércores a iniciativa deste grupo para a cesión gratuíta do inmoble de Aduanas de Ferrol Vello, conseguindo que saíse adiante por 21 votos a favor e 14 en contra.

“Pedimos a cesión gratuíta ao Concello do edificio de Aduanas, que se atopa nun completo desuso e descuido por parte do Estado, ademais de estar nunha situación deplorable. Estase a vulnerar a Lei de Patrimonio Público”, sinalou Díaz.

A voceira de en Marea detallou que este edificio “é unha peza singular, catalogada cun alto nivel de protección. É un reclamo da cidade de Ferrol, tanto dos distintos gobernos como da cidadanía”.

“O Ministerio debería facer a cesión á nosa cidade. Ademais, pedimos que mentres non se inicie o expediente, leven ao cabo as tarefas de protección necesarias”.

A iniciativa votouse por puntos, deste xeito, o PP e Ciudadanos votaron en contra do primeiro punto: “Levar a cabo as obras de mantemento e acondicionamiento necesarias do inmoble, utilizado antiguamente como Administración de Aduanas de Ferrol”.

Sen embargo, no apartado 2, todos os partidos votaron a favor agás o PP. Polo que con estes votos “inícianse os trámites para a cesión gratuita do inmoble”.
“O Goberno do PP respondeu que non pode ser obxecto de cesión gratuíta, pero é de interese da nosa cidade incorporalo ao patrimonio público”, engadiu a deputada.

Download (PDF, 1.32MB)