1. Luis Manuel Daporta Rodriguez

Nacín en Ortigueira o 22 de xaneiro do ano 1957 de familia mariñeira, humilde como a maioría. Estudei Bacheralato xunto con outros rapaces ca axuda dos mestres do Escolar de Ortigueira,examinandonos por libre no Instituto da Coruña. Co esforzo familiar e becas no ano 1983 remato a licenciatura de Medicina na Facultade de Santiago de Compostela. Nese verán comezo a traballar facendo as substitucións de medico de zona.

O 1 de Marzo de 1988 comezo a traballar no Servizo de Urxencias do Hospital de Lugo. No ano 95 tomo parte na constitución da Asociación de Médicos de urxencia hospitalaria de Galicia (AMUHGA) e elexido membro da dirección de Semes-Galicia como delegado da Provincia de Lugo. No ano 2007 por oposicion interna paso a formar parte do equipo medico da Unidade de Hospitalizacion a Domicilio, e durante o ultimo ano na Unidade de Coidados Paliativos.

2. Carmen Granxeiro
3. Modesto Renda Santiso

Nacín fai 26 anos no chairego concello de Vilalba e a miña infancia transcorreu dacabalo entre a propia capitalidade comarcal e o veciño concello de Cospeito. Profesor de música, na actualidade rematando os meus estudos de Xeografía e Historia na UNED, o meu compromiso político comezou logo de chegar á universidade e durante máis de 7 anos militei en organizacións políticas xuvenís e estudantís.

Participo en Vilalba Aberta, formación da cal son Concelleiro dende as Eleccións Municipais do pasado 24 de Maio, e o vindeiro 20D vou En Marea porque creo que é o momento de poñer a dignidade das persoas no centro de toda política pública, priorizando os obxectivos por diante das siglas e sumando ao máximo número de xente posible, con amplitude de miras, valentía e moita xenerosidade.