Novas

En Marea demanda a Cospedal que democratice o Museo militar de A Coruña, que expón bustos de Franco

photo5834616516912458645

O voceiro de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, á ministra: “En serio considera normal que un Museo en tempos democráticos sinale que “no contexto dos plantexamentos autoritaristas e o puxante militarismo en boga na Europa dos anos 30, propiciou un levantamento militar contra a República?”

En Marea esixe unha revisión das explicacións históricas en Museos Militares para adaptalas á veracidade histórica. “Foi un golpe de estado contra a República”. 


Iniciativa: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/4028cf42-9ec2-4698-be55-22fe0a8e1fbb/PREGUNTA_MUSEO_MILITAR_A_CORUÑA_BUSTO_FRANCO.pdf

Madrid, 5 de febreiro 2018.  O portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, diríxese nunha iniciativa parlamentar á Ministra de Defensa para demandarlle que proceda a democratizar o Museo Militar de A Coruña que expón cadros e un busto do ditador Franco con loubanzas á súa figura, “inadmisíbeis en tempos democráticos”.

“Os paneis explicativos de cadros e do busto do ditador son todo un exemplo de adoutrinamento cheo de consideracións históricas nada obxectivas. Fanse descripcións eloxiosas de Franco. Descripcións filo franquistas, caducas, rancias e que denota unha total transixencia co golpe de estado á República”, sinala Fernán Vello.

Transixencia coa ditadura

O portavoz de En Marea no Congreso aporta algunhas das frases do busto de Franco feito por Asorey: “militar de grande prestixio..:”, ou frases como: “No contexto dos plantexamentos autoritaristas e o puxante militarismo en boga na Europa dos anos 30, propiciou un levantamento militar contra a República. Convertido en Xefe de Estado e Xeneralísimo dos Exércitos gobernou España …”.

“En serio é normal facer este tipo de afirmacións? Como é posíbel que se empregue unha linguaxe xustificatoria da ditadura? Tan difícil resulta afirmar que protagonizou un golpe de estado contra o gobernó democráticamente constituido? A que se debe esta permisividade co réxime ditatorial?”, son algunhas das preguntas que formula a María Dolores de Cospedal.

Fernán Vello pide a revisión dos cartaces e explicacións deste tipo que se exhiben nos Museos Militares por incorrer nunha imaxe incluso positiva da figura do ditador que asasinaou e torturou a miles de persoas e que instalou unha ditadura cruel.