Madrid, 22 de xaneiro de 2018. En Marea e o grupo confederal apoiou este martes o Real Decreto-Ley 28/2018, de 28 de decembro, para a revalorización das pensións públicas e outras medidas urxentes en materia social, laboral e de emprego, após conseguir arrancar un acordo ao Goberno e meter dúas emendas nos Orzamentos de 2019 que evitan o “desequilibrio” nas pensións por incapacidade permanente e na cota dos xornaleiros após a subida do Salario Mínimo Interprofesional.
“Celebramos os traballos intensos co Goberno. Non podíamos aceptar o recorte que se incorporaba desligando a invalidez permanente total do SMI, conseguimos o incremento das invalideces permanentes totales nun 22%”, explicou a voceira de En Marea, Yolanda Díaz, remarcando que tamén conseguirmos que ás xornaleiras de conta allea se incorpore tamén unha medida para que non se vexan perxudicadas por esa subida.
A deputada lembrou que foron “días intensos” para poñernos de acordo nesta cuestión porque “levamos meses traballando co Goberno para conseguir un acordo orzamentario para os traballadores e traballadoras”.
Díaz lembrou que “a mellor medida é o salario mínimo, que vai cambiar a vida da xente e vai axitar a economía. Conseguimos unha subida histórica do 22%, o que supón derogar a reforma do PP, que conseguiu baixar os salarios”.
A deputada lembrou que a loita das pensionistas foi a que forzou un acordo que permite que se revaloricen ao IPC, incluso o incremento das pensions máis baixas.
Sin embargo, a deputada denunciou que son insuficientes as medidas que “abordan para atacar a precariedade”.
“Mellórase unha parte dos autónomos pero falta unha parte do acordo en relación a falsos autónomos e autónomos pobres. Os becarios, é moi insuficiente a súa proposta, a chave é que exista remuneración, defendemos dignificar as súas condicións cun estatuto”, afirmou a deputada.