Novas

En Marea presenta en Ferrol as emendas aos PXE2018 e apela á responsabilidade política dos partidos coa cidadanía para apoialas

photo6005706612163062977

Audio: https://bit.ly/2Ib3YE4

Ferrol, 3 de maio de 2018. A deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, e o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, presentaron esta mañá en rolda de prensa as emendas que o grupo parlamentario rexistrou na Cámara Baixa ao Proxecto de Lei de Orzaementos Xerais do Estado para 2018. Yolanda Díaz destacou que En Marea foi o grupo galego que máis emendas ten presentado no Congreso na historia da democracia, e agradeceu aos concellos e comarcas  do país o traballo de colaboración e aportación de demandas e necesidades que nos trasladan e que permiten que poidamos levar adiante o noso traballo en colaboración con eles.

No caso concreto de Ferrol, a deputada de En Marea destacaou as emendas presentadas ao Ministerio de Fomento e aos entes públicos dependentes, “nas que pedimos a vertebración social a través do ferrocarril, tanto a través do achegamento ao Eixe Atlántico como a construcción xa da variante de Betanzos. É unha broma de mal gusta que consignen 200.000 euros, cando xa está o proxecto feito segundo o Secretario de Estado afirmou no Congreso, e cando despois afirman en resposta escrita que a única actuación que van levar a cabo a este respeto no ano 2018 é o estudio pertinente. Ante isto consignamos ao redor de 18 millóns de euros para estas actuacións.

Outra das demandas urxentes no Concello de Ferrol son os accesos á AP-9, tanto o acceso norte como as actuacións na rotonda no Sino, obras que tamén están recollidas nas emendas, así como para comezar os traballos da estación intermodal. Yolanda Díaz sinalou a este respecto que “é arriscado que quedamos fóra destas demandas”. E o máis grave a este respecto, tal e como sinalaron tanto a parlamentaria de En Marea como o alcalde de Ferrol, é o descaro co que están actuando desde o Goberno en relación á obra do talude das Pías, unha obra coa que se comprometera xa Ana Pastor hai seis anos, e que a día de hoxe seguen sen asinar nin sequera o convenio co concello. Para esta actuación En Marea volve presentar emendas, e denuncia, de novo, a falta de vontade política e o desleixo cara esta comarca.

Outras das actuacións para as que se solicitan actuacións urxentes e sobre as que xa se teñen presentado outro tipo de iniciativas no Congreso, son tanto as obras de rehabilitación e mellora do firme da Ponte de As Pías, como para a extracción dos restos sumerxidos da antiga infraestructura, que leva 20 anos no fondo mariño da ría, afectando seriamente á pesca e ao marisqueo da zona.

Yolanda Díaz lembrou tamén que En Marea segue a solicitar ao Goberno que leve a cabo as obras de rehabilitación do antigo edificio de Aduanas, e esixe ao Executivo de M.Rajoy que cumpra co mandato do Congreso, toda vez “que se aprobou a nosa iniciativa para a cesión gratuita deste inmoble ao Concello.

Como novidade nas emendas deste ano, desde En Marea plantexamos a urxencia do adecentamento da Alameda da Escola Obreira de Ferrol, e pedimos, de novo, o derribo da muralla militar para cumplir así coa demanda histórica de abrir Ferrol ao mar. Yolanda Díaz destacou a importancia tamén de levar a cabo a actuación integral no dique da Cabana a o acondicionamento da zona recreativa, e “incorporamos, por primeira vez, unha emenda para recuperar o antigo porto carboneiro, xa que non ten sentido que manteñamos esta infraestructura na fachada interna da nosa cidade”.  No que respecta á actuación no dique da Cabana, Yolanda Díaz instou ao deputado do PP, Juan Juncal, a votar a favor desta emenda, toda vez que o ano pasado excusou o seu apoio ao faltar a aprobación do proxecto do obra, un escollo que este ano está solventado.

Finalmente, en materia industrial, o grupo parlamentario de En Marea rexistrou varias emendas vencelladas a Navantia, sobre todo en materia de I+D+i, xa que “a nosa cidade – destacou a parlamentaria  Yolanda Díaz – podería xogar un papel fundamental para a creación de postos de traballo de alta calidade, xa que temos un dos maiores estaleiros do mundo ao noso carón, e valería a pena desenvolver proxectos estratéxicos e fomentar o traballo de calidade, en colaboración coa Universidade”. A este respecto, Yolanda Díaz fixo fincapé nas xuntanzas mantidas en meses previos, tanto coa Presidenta da SEPI como coa Secretaria de Industria nas que non lle concretaron cal vai a ser o futuro de Navantia nin a carga de traballo que vai ter a antiga Astano, algo que tampoco responden por escrito. Díaz Pérez denunciou que o Goberno segue a negar os contratos entre Navantia e Iberdrola para a construcción de eólica mariña que se leva a cabo en Navantia Fene,  “a cidadanía ten dereito a saber  que se está a facer alí e en qué condicións, e non é nada bo esa negativa, o que pon de manifesto que algo ocultan, cando nin deixan entrar aos equipos de seguridade no traballo.  Asimesmo, Yolanda Díaz sinalou que espera que os estaleiros públicos cumpran coa taxa de reposición, polo menos ao 100%, e que por cada persoa xubilada entre savia nova.

Finalmente, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez apelou á responsabilidade dos representantes políticos galegos das distintas forzas políticas, e instounos a votar a favor destas emendas, que son demandas históricas da comarca, “que poñan por riba dos intereses partidistas os intereses da cidadanía”.

 

Download (PDF, 1.73MB)